cropped-2014-12-22-21.36.05.jpegOla, e benvid@ á miña páxina web.

Chámome Carlos Andina, son enfermeiro e  ademáis, actualmente son estudante do Máster en Xerontoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, e por se non é suficiente co Máster, estou ademáis en plena preparación do examen EIR 2017.

Creo que a miña carreira se orientará máis hacia as persoas maiores, pero, desde logo, non me pecho portas. A experiencia que tiven ata o de agora coa xente maior foi o que máis me emocionou, son tremendamente agradecidos por norma xeral, e penso que necesitan de xente que conoza ben as súas particularidades como persoas e pacientes. Outro campo que descubrín que me podía gustar é a Saúde Mental, e creo que hacia estas dúas áreas se pode orientar unha posible praza de Enfermeiro Residente (hai que pensar en conseguila, motivación ante todo!)

Escollín a miña carreira porque me atraía o coidado das persoas en todas as súas formas, gustábame tamén o traballo sanitario, o ambiente hospitalario e dos centros de saúde, e considero que nacín para traballar no campo da sanidade e para iso e para o que quero prepararme o mellor posible.

Nas veces que puiden traballar en medio hospitalario, e tamén en Atención Primaria,  vin que se trata dunha profesión moi bonita, ainda que sacrificada, e tamén emocionante, xa que eventos como o nacemento dunha persoa, a mellora dun paciente que chegache a ver moi mal, ou incluso, a morte, fanche ver diversos momentos da vida de forma diferente a moita xente, e tamén diversas formas de afrontar as alegrías e as adversidades que ten cada persoa coa que te atopas na túa práctica diaria.

Sei que os comenzos sempre serán difíciles, pero espero que cos anos se me fará menos costa arriba, e espero que cando me xubile poida decir que fixen todo o que estivo nas miñas mans para axudar á xente que tiven ao cargo.

Fóra do meu ámbito de estudios, disfruto moito dos deportes, os videoxogos, o cine e as series de televisión, e a música.

A saúde é a verdadeira riqueza, e non o ouro e a prata.
Mahatma Gandhi