Ola, e benvid@ á miña páxina web.

Chámome Carlos Andina, son enfermeiro e actualmente dedícome a enfermería nunha residencia de maiores de Galicia, para qué dicir máis. Estudiei Máster en Xerontoloxía pero por esto ou aquelo non o rematei, actualmente espero pola proxima OPE de Galicia para presentarme.

Escollín a miña carreira porque me atraía o coidado das persoas, gustábame o traballo sanitario, creía que podia ser unha vocacion para min e continúo a pensalo, ainda que actualmente veñan tempos algo difíciles nos que considero que a profesión se atopa mal valorada, tanto desde dentro por moitos profesionais, (véxase o xurdimento do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita, para o que vaia o meu profundo apoio, e que vén de publicar unha enquisa sobre a opinión das enfermeiras sobre a xestion do Sergas febreiro/22) como desde fóra polos xestores en términos económicos e de condicións de traballo, que non melloraron trala pandemia e motivan entre outras causas o descontento da profesión. 

Na miña ainda curta experiencia,  vin que se trata dunha profesión moi bonita, ainda que sacrificada, e tamén emocionante, xa que eventos como o nacemento dunha persoa, a mellora dun paciente que chegache a ver moi mal, ou incluso, a morte, fanche ver as distintas etapas e vicisitudes da vida desde un prisma diferente ao resto, e tamén diversas formas de afrontar as alegrías e as adversidades que ten cada persoa coa que te atopas na túa práctica diaria.

Isto aínda non fixo mais que comezar, unicamente espero que cando me xubile poida decir que fixen todo o que estivo nas miñas mans para axudar á xente que tiven ao cargo.

Xa fóra do meu ámbito de estudios, disfruto moito dos deportes, os videoxogos, o cine e as series de televisión, e a música case de calquera xénero. 

Teño un precioso gato, Hayim (lido Jáim) e unha linda e fermosa compañeira, Iria. 

 

Traballa a reo e en silencio, deixa que o éxito faga todo o ruido.