http://www.20minutos.es/noticia/421143/0/botellon/hospital/galdakao/

Atopei esta noticia nos internetes e chamoume moito a atención:

Un ancián,no hospital de Galdacao (Biscaia) tivo que soportar o molesto botellón que organizaron 5 amigos do seu compañeiro de cuarto ata as 4:00 da madrugada.

Os mozos fumaron, beberon alcol, e ata insultaron ó persoal do hospital, dándolle unha noite marabillosa ao pobre ancián.

Pero isto non acaba aquí. Ao día seguinte, o ancián, que xa tivera abondo a noite anterior, é expulsado do hospital por un médico, que según parece, debeu confundir ao ancián co responsable do escándalo.

Cada vez buscan lugares máis extraños para facer botellón…