Volvo a conectar convosco para expresar as miñas sensacións durante as últimas cinco semanas.

Nestas cinco semanas que digo, tiven que desenvolverme no ámbito hospitalario como enfermeiro en prácticas, e a verdad e que foi unha experiencia moi gratificante (non económicamente, por desgraza).

Puiden ver gran parte do traballo que vou a poder desenvolver en canto termine o Graduado (e atope donde traballar, por suposto, dada a situación laboral existente) e descubrín que non me disgusta para nada, e podo decir que a miña elección de carreira é boa.

Ao ver os dous lados do mostrador, puiden darme conta de que a veces se non se che da algo, e porque non se pode, ou non están seguros de se poden, por exemplo.

E sobre todo, que deterse dous minutos a preocuparse por un paciente que está triste ou sufrindo de dor, pode actuar un pouco como calmante.

 

Unha experiencia marabillosa que me tocará repetir en outro ambiente. Seguiremos informando.

 

Saúdos e grazas por ler 🙂