Bos días a todos e a todas!

Gustaríame contarvos un pouco o que foi a miña experiencia hasta o momento no Máster en Xerontoloxía. A día de hoxe terminei o primeiro cuatrimestre e estou inmerso no segundo, e o que me restaría serían as prácticas externas en residencia a partir de setembro (ou cando considere a residencia que escolla, que aínda está por decidir)e o Traballo de Fin de Máster (TFM)

A experiencia en xeral foi positiva, pois en clase somos 12 normalmente, menos incluso nalgunhas optativas, e a experiencia deste ano comparada co que foi a carreira, de clases por enriba dos 50, 60 ou 70 alumnos, é ben distinta.

Existe moita máis interacción, tanto entre os meus compañeiros conmigo, como do profesor con nós. A miña impresión este ano é a de estar nun ambiente máis familiar e distendido.

Ademáis, este Máster en Compostela tira máis hacia o social, estando a especialidade máis clínica n’A Coruña, polo que se ven cousas sobre as que non insistiron moito no Grado ou que directamente non tocaron, e que nos aportan moito para entender a situación en global das persoas maiores, e nos acercan a todos os ámbitos que debemos de ter en conta na atención a estas persoas.

A quen lle interesen as persoas maiores e veña do ámbito social, aínda que non exclusivamente, pode interesarlle.

Non recomendable facelo co EIR! Jajajaja