Mañá empezamos outra vez con período de prácticas tuteladas.

Nesta ocasión tocou Traumatoloxía no Hospital Clínico Universitario de Santiago, e outra vez en turno de mañá.

Volveremos aos madrugóns, a despertar pacientes que estaban tranquilamente durmindo, volve o tomar todas as constantes vitais habidas e por haber, volven as analíticas mañaneras…

E espero tamén aprender moito de fracturas e luxacións, de cravos e placas metálicas, de curas, de prótesis e de moitas cousas máis.

E sobre todo, espero estar á altura do que se espera de nós e poder levar unha nota decente e acorde co rendemento dado.

Sen olvidarse, sobre todo, do mayor premio que conseguimos, que é a curación dos pacientes e o seu agradecemento polo noso esforzo 🙂