Gustaríame expresar unha pequena queixa contra o Servizo Galego de Saúde.

Hoxe acudín á cita que tiña en Cirurxía Plástica de certo hospital da Coruña. Tiven que erguerme as 6 da mañá para poder chegar cun pouco de tempo para estar ali as 9 e 20 da mañá, xa que A Coruña dista de Ribadeo (insigne vila natal e de residencia deste humilde blogueiro) unha hora e media- hora e tres cuartos indo a ritmo normal. Esta é a primeira queixa.

A segunda é que fun atendido por un médico residente que nin sequera se levantou do asento para mirarme algo máis de cerca, xa non pido máis. E en anteriores consultas que comezaron do mesmo xeito, veu algún médico licenciado a botarme unha ollada,pero neste caso non se deu.

Por se a alguén lle parece demasiado crítico o meu artigo, direi ó seu favor que o dito médico parecía estar ao tanto da actividade dos  seus compañeiros de departamento, xa que sabía os días que ía estar para atenderme e os que non.

Tamen agradecín que me cambiaran a data da cita,pois dinme conta a tempo de que tiña un exame de Filosofía o día da cita e non me conviña mover ese exame de sitio.

Pedindo un pouco máis de humanidade nos horarios e de profesionalidade na atención, despídome, e se alguén o quere ler e tomar nota, sempre servirá isto de algo. = )